Muros de Pedra, a banda que non existe

Neste mundo de hypes e productos musicais manufacturados, recuperar aquela escea hardcore norteamericana dos oitenta sempre soa a revolución. Sen embargo, non é nada sinxelo toparse con exemplos tan xenuinos como Muros de Pedra, dúo formado por O Sacauntos e O Apalpador, dos que hoxe falamos co primeiro de eles como é formar un grupo da súa actividade e códigos anti-sistema nestes días de postureo crónico e ideoloxías de esquerdas emparentadas ca devoción polo símbolo do euro.

APRENDIZAXE

Tiña trece anos cando empecei. Empezamos un par de rapaces no Instituto, e aforramos cartos para comprar os instrumentos que lle tocara a cada un. Facíamos punk, hardcore, que é a música máis sinxelos de facer porque non queríamos facer cousas difíciles. Sabíamos que non tiña futuro o de tocar iso.

DO IT YOURSELF

Vas crecendo cos Minor Threat, os Fugazi, os Crass. Xa vas coñecendo unha escea. Trátase de saber onde vas, quero esto, non me quero meter nestes lios, embrollos, e aprender sobre todo dos errores. E non contradecirse  un mesmo.

CONTRA A HIPOCRESÍA

O apalpador, o meu compañeiro en Muros de Pedra, ten 23 anos. E ahí, a diferenza de idade sí que se nota.

Sí que vemos que nos grupos locáis hai moitísimas contradicións ou xente que fala de defender o galego, e cántache en inglés. Tamén vas aprendendo desas contradicións. Vale, facemos un grupo pero sabendo esto, esto e esto.

Hai una hipocresía grandísima, como grupos que che falan da explotación laboral que logo tocan en festiváis patrocinados por Coca-Cola. ¡Pero que carallo e esto!! Destas cousas vas aprendendo.

pegata_muros_fosforito

IDEOLOXÍA ANARQUISTA

Nos como grupo de ideoloxía anarquista, seguimos a crítica anti-capitalista,  que sempre houbo: non tocar en espazos grandes, pero tamén queres saber onde queres chegar. A mín non me apetece tocar para mil persoas, pero sí para un número reducido que vai entender o que fas e por que o fas.

OS ORIXES DE MUROS DE PEDRA

Estaba O Apalpador sen grupo e eu deixara de tocar. Deixarao todo, tiña as miñas contradicións. Vas aprendendo do que vas vendo. Pero volveu outra vez a morriña, as ganas. Tiña uns veciños que tiñan un grupo de heavy, alí onde vivo eu, e faltáballe un baixista, e púseneme a tocalo baixo con eles. «Pois mira, aínda non me perdo tocando». Non teño trece anos para perderme en dous acordes, pero boh, iso tamén da igual, porque o punk sempre foi así. Déronme ganas de facer algo máis serio, sen os erros dos que falaba antes.

O GRIFO QUE NON CESA

Foi co Apalpador. Íamos facer un grupo. Fai tres anos. Nese tempo tivemos moitos sitios para tocar, pero non tocamos en ningún porque nos interesaba tocar unha maqueta que tivera moitos temas. De feito, temos máis temas. Temos una burrada. Debo ter feito máis de trinta temas ou así. Porque xa temos una maqueta con once temas, e agora imos grabar outra con outros cinco.

Empezamos peleando cun dobre pedal, empezamos a pulir, cambiamos a afinación de guitarra, cunha máis grave, en Re. Comprei unha guitarra que soara máis grave. Non tocamos baixo, pero tocamos cun ampli de baixo. Tocamos con guitarra e ampli de baixo. Empezamos mirando sonidos. Fumos aprendendo un do outro. O Apalpador toca a guitarra moitísimo millor ca mín. A veces, tocamos os dous a guitarra. El é máis técnico ca mín, eu son máis barullento. Daquela, complementámonos a hora de face-las cancións. E, á hora de tocala batería, pois eu tamén aporto o méu á batería. Daquela o que sae dos dous instrumentos, imos aprendendo, e é máis sinxelo á hora de sacalos temas.

COMPOSICIÓN

O principio, eu falo de facer un tema que fale deste tema ou deste outro. Por exemplo, para facer un tema sobre un tema da guerra, das desaparicións das dictaduras, do caso recente de Arxentina, non vas a facer una melodía moi feliz… Tes que facer unha música moi dura. Primeiro escollemos dos temas sobre os que queremos falar, e dos temas que escollemos, e una casa vou buscando o riff que millor se adapta a ese tema, e fágolle a letra e despoís, mellorámola entre os dous. Tamén, moitas veces, o Apalpador colle a guitarra, ten un riff, e dis: «este riff estaba ben para este tema».

Xa que non tocamos moi ben, non somos moi virtuosos, as letras respalden o pouco virtuoso que é. Á hora de facelos temas, pensamos no directo.

portada_muros_prev_byn

ÚNICOS

A verdade é que non creo que haxa grupos por aquí que fagan o que facemos nos. Na Coruña estaban Roña, agora Chico perro… En Coruña, antes había un rollo moi crust, pero iso perdeuse todo. A xente cansouse. Na Coruña hai de todo, pero quizá as cousas máis interesante son das aforas da Coruña. O que pasa e que non podes mezclar galiñas con cans… Ou una cousa, ou outra. Vaia por diante que o grupo está asentado en Cambre, non é un grupo coruñés.

Aínda que eu non son una persoa que vaia a moitos concertos, por razons persoais, a maioría das veces. Pero non creo que haxa una escea hardcore-punk.

Acórdome de quedar fascinado en Vigo cun grupo tamén de dúas persoas, dous rapaces cuns coñecementos da ostia do mundo indíxena, América Latina. Unha crítica da ostia, cunha concienciación e de expresala moi ben. É una pasada.

ENSAIOS

Agora, as condicións para ensaiar son malas porque estamos ensaiando nun jalpón, o lado dun tractor e un pozo. E, lóxicamente, non temos o material necesario para ensaiar, porque estamos ensaiando sen voz, sen ampli de baixo, cun ampli vello de guitarra e una batería, que é a miña batería posta moi rápido daquela maneira.

Buscar discográfica, o vexo como una tontería. Gústanos facer os dóus os discos, pegalos nos con cartón. É una tontería. Neste tempos, é mellor movelos ti. Que o mellor non se moven tanto como te gustaría. Non por internet, se non por concertos.

O ASPECTO GRÁFICO

Houbo xente que nos axudóu, tanto Iago como Teo, e como gústamos moito os comics, tiramos a facer iso, cunha estética dos oitenta. Cambiámoslle os bocadillos o Capitán América e os nazis, pegándose, ou utilizamos una frase de “V de Vendetta”, Alan Moore, por exemplo.

Di un amigo meu que nos somos o grupo que non existe. A xente non sabe quen sodes, quen tocades, nin nada. Non tocades en concertos. Non poñedes os vosos nomes nas cancións.

Moitas veces, pos o nome, e entón a xente, os veciños, amigos van a ver o que tocas ti, pero non van a estar pendentes do que ti dis, nin do que expresas. Por iso o fixemos algo clandestino, poñéndonos os nomes de O Sacauntos e Apalpador.

PROXECTOS

 Na demo dos cinco temas, haberá dúas versións:  imos gravar acerca dunha moza de nirvanae outra do grupo que tiña eu. E sí que todo vai cambiar completamente. Vai ser máis lento pero distorsionado. E logo, as que temos para a próxima maqueta serán do mesmo estilo. Do mesmo tipo de letras. Tamén queremos acompañala cun fanzine. Queremos facer poucos temas porque con 17 temas grabados, ó Apalpador deulle moito traballo misturalos. Desta, onde ensaiamos, estamos montando un local de grabación.

INFLUENZAS

No local de ensaio non temos un poster de Minor Threat, o que sí temos é un de Javier Krahe.

Entre moitas cousas, gústanos, Public Enemy, HHH, From ashes rise, Chico Sanchez, Dead kennedys…. e a música popular galega.

Cantamos en galego, e gústanos utilizar a retranca e certas metáforas que utilizamos como galegos. Non hay una actitude no mundo do hardcore-punk de cantar en galego, hai grupazos como Tenue ou Lóstregos que cantan en galego, pero case ningún grupo underground  canta en galego, o máximo que cantan é en inglés. Cantar en inglés, sería outro problema, porque, en todo caso, cantaría en esperanto. ¿Cómo vou a cantar nun idioma que marca a hexemonía da economía mundial? Pois canta en esperanto. Pode ser o aragonés en Zaragoza.

OS PRINCIPIOS DE MUROS DE PEDRA

-Nom tocar para partidos politicos.

-Nom tocar para intitiçoms do Estado, nin em concertos patrocinados por intituçoms do Estado.

-Nom tocar em concertos patrocinados por multinazionais

-Nom tocar em concertos patrocinados por a burguesia nazional ou estatal.

-As entradas dos concertos  debem de ser a prezos polpulares , para que poidan vir sem ningum problema paradxs estudantes , precarixs…..e temos que saber como se administrara  ese capital para saber se estamos conformes ou nom, sempre que non sexa de balde